Plan ReActiva Ourense Menores de 45 anos

martes, 13 de junio de 2023

Presentamos o “Plan ReActiva Ourense Menores de 45 anos”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas menores de 45 anos da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.  

 

Levaranse a cabo un total de tres programas, o primeiro deles, do 19 ao 22 de xuño. A duración total é de 15 horas de formación coxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, e 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

 

O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas menores de 45 anos da provincia de Ourense. Para elo deseñarase un itinerario formativo dotando aos/ás participantes das habilidades, coñecementos  e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.

 

A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/w7GDw9pZ4PUAHuCh9 

 


Comparte esta Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies