Realización o día 30 de Marzo de 2023 do encontro de traballo dentro do proxecto “Laboratorio de iniciativas sostibles"
O laboratorio de Iniciativas Sostibles, que a Confederación Empresarial de Ourense está a desenvolver dentro da convocatoria da Rede Eusumo da Xunta de Galicia, supón unha aposta da CEO por fomentar a competitividade do tecido socio-económico da provincia de Ourense , así como a promoción do emprendemento, o cooperativismo e a economía social nos vindeiros anos. As novas insfraestructuras de transporte, os fondos NextGenerationEU, a dixitalización ou a actual demanda de sectores como o vitivinícola, o termalismo ou o gastronómico constitúen oportunidades sen precedentes para a experimentación, a innovación, a investigación e a colaboración entre entidades. Por este motivo este ano 2023 a CEO está a desenvolver varias mesas de traballo en diferentes puntos estratéxicos da nosa provincia co fin de desenvolver ideas e estratexias en torno a varias temáticas
Cal é o obxectivo desta actividade?
Búscase identificar e xerar ideas de negocio en O Barco de Valdeorras en torno aos catro eixos anteriormente indicados, empregando dinámicas lúdicas dirixidas por expertos/as.
Quen pode participar?
Está especialmente pensado para xente con inquedanza por desenvolver novas iniciativas, estando aberto a emprendedores/as, empresarios/as locais, axentes sociais, asociacións, empresas, organizacións e a cidadanía en xeral.
Canto dura?
O encontro terá unha duración de entre 3 horas. A primeira media hora será de recepción dos asistentes.
Que metodoloxías empregaremos neste encontro?
- Empregaranse conceptos de Lean Startup e Design Thining: pártese da empatía cos clientes e usuarios de cada unha das temáticas propostas, para logo xerar ideas que solucionen as necesidades e oportunidades detectadas.
- Traballarase en equipos, promovendo a co-creación.
- Promóvese o pensamento creativo, fóra da caixa, xa que, como di o científico Linus Pauling, “a mellor forma de ter boas ideas, é ter moitas ideas”.
- Susténtase na metodoloxía aprendizaxe-servizo e no aprender facendo, de xeito que se desenvolven novas solucións de xeito práctico, buscando ser de utilidade para a sociedade.
- Crearase un ambiente lúdico, apostando polo contigo visual.
- Impulsarase que as ideas xeradas estén vencelladas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), actuando dende o eido local para axudar a resolver os grandes retos globais.
Cómo se fai a inscrición para participar?
A través do seguinte formulario, seleccionando a data e o lugar onde realizalo: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfLNnpN-xVdAwUycozl0fuaHPG8Tpe4hvRFkuLiHF2RVf-U7g/viewform