A quinta parte do emprego industrial ourensán xérase en Valdeorras

jueves, 26 de febrero de 2015

A fortaleza industrial de Valdeorras básease en dous subsectores moi concretos que teñen como nexo común a lousa. O de produtos minerais non metálicos, no que se encudra a transformación da lousa, e a é o das industrias extractivas, a enerxía e auga, que engloba principalmente ás canteiras e de xeito máis feble ao sector enerxético. Así o aseguraba o xerente do Inorde,José Manuel Rodríguez, na presentación das conclusións do Observatorio Económico da Deputación de Ourense realizada na mañá do 25 de febreiro edificio multiusos do Barco de Valdeorras. A ela asistían alcaldes, técnicos de emprego, empresarios e axentes sociais.

Nesta presentación estivo acompañado polo alcalde do Barco, Alfredo García, quen incidiu en que “Valdeorras é unha potencia económica na provincia de Ourense, os números da comarca son mellores que os da media”. De seguido, tomaba a palabra o responsable do Inorde para ir desgranando os datos referidos á comarca obtidos polo Observatorio Económico Ourensán, resaltando que “Valdeorras xenera o 18,3% de todo o emprego industrial da provincia. Trátase de lonxe da segunda maior contribución, só por detrás da que asina a comarca de Ourense, co 52,8%. O seguinte chanzo de aportacións comarcais sitúase a moita distancia do rexistro valdeorrés. É o formado polo 7,5% no que se move Carballiño e polo 4,5% que comparten habitualmente Verín e O Ribeiro”.

Asemade detallou que o emprego industrial medrou nun 5,2% nesta zona no período de ano e medio comprendido entre marzo de 2013 e setembro de 2014. Outras catro comarcas da provincia lograron alzas maiores, pero todas elas presentan unha menor contribución sobre o emprego industrial de Ourense: Carballiño conseguiu un impulso do 19%, O Ribeiro do 14%, Verín do 6,5% e Terra de Caldelas do 42%.

Ademais ao final da presentación, José Manuel Rodríguez daba a coñecer as principais liñas que rexirán os fondos da estratexia europea 2020: crecemento intelixente, sostible e integrador.

Fonte: www.osil.info


Comparte esta Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies